Monday 29 de April de 2024

O Concello da Baña intégrase na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela


O Concello da Baña integrarase na Área de Transporte Metropolitano (ATM) de Santiago de Compostela. Así o acordou onte a Xunta de Goberno Municipal. Agora este acordo debe ser ratificado en Pleno. Posteriormente será cursada a solicitude de integración e aprobada ésta, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e o Concello da Baña asinarán o acordo de integración na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.
O Concello da Baña, según explica o su alcalde, Andrés García Cardoso, adaptou as frecuencias de conexión con Santiago de Compostela e outros concellos limítrofes. A empresa Transportes Ferrín ofrece transporte de viaxeiros a Santiago a primeira hora da mañán e a primeira hora da tarde. E de Santiago cara o Concello: a media mañán, a última hora da mañán e a última hora da tarde.
Andrés García Cardeso explica que a integración en la ATM pretende “fomentar o transporte público colectivo frente ao particular”. Tamén destaca que producirase unha mellora da conectividade entre as redes de transporte público, fundamentalmente con Santiago de Compostela e con concellos limítrofes como Santa Comba ou Negreira. E, ao mesmo tempo, os usuarios poderán beneficiarse de precios competitivos e doscontos. O Concello da Baña destaca a posta en marcha do billete único, una tarxeta de transporte metropolitano que permite conectar o transporte interurbano da área metropolitana cos buses urbanos de Santiago de Compostela.
“A nosa integración na Área de Transporte Metropolitana facilita a mobilidade dos habitantes da Baña, fundamentalmente nos seus desplazamentos ata a capital galega”, destaca Andrés Codesido, quen lembra que o transporte público e moi utilizado por pensionistas e estudiantes do Concello que se achegan con frecuencia ata Santiago. Os transbordos tamén quedarán despenalizados. “Esta medida repercute na Baña, que en ocasións utiliza Negreira para facer paradas ou transbordos”, indica o rexedor bañés.